Asier Arias Domínguez
Asier Arias Domínguez é profesor na Universidad Complutense de Madrid. É licenciado e doutor en filosofía e graduado en psicoloxía, e […]
A actualidade no contexto global está atravesada por crises encadeadas, escaladas permanentes de tensión e xenocidio. Trátase de síntomas dun sistema que prioriza o privilexio duns poucos fronte aos dereitos, a dignidade e o ben común. O que está en xogo neste taboleiro é non só control o dos recursos e a soberanía do territorio, senón tamén o equilibrio ecolóxico e mesmo as condicións que fan posible a vida.
O gasto militar increméntase a un ritmo alarmantemente elevado da man da concentración de poder e un aumento dos movementos represivos e de extrema dereita. Así, os intereses económicos e xeopolíticos seguen a marcar a folla de ruta dun modelo insostíbel que vén promovido por axendas mediáticas propias. Mentres, os organismos supranacionais amosan evidentes eivas á hora de regular ou limitar este panorama e levar a cabo compromisos efectivos, e as democracias vense cada vez máis deterioradas.
Resulta pertinente plantexarse, ante esta imaxe, cal ha de ser o rol que tomen as cidadanías de cara a artellar respostas efectivas? preguntarse: como impactar sobre esta realidade? reflexionar arredor de como ampliar as marxes de actuación, de como activar, empoderar, mobilizar e mobilizarnos dende abaixo, non só como dereito, senón como tamén como deber.
A comprensión das interrelacións entre os diferentes poderes fácticos e axentes protagonistas internacionais, así como o coñecemento das posibles estratexias fronte ás ameazas e consecuencias neste contexto, son os alicerces sobre os que se edifican, tamén este ano, as xornadas “Planeta en disputa: alertas globais e respostas populares”, que queren:
“Planeta en disputa: alertas globais e respostas populares” son xornadas que discorrerán en Vigo, entre o 18 e o 21 de marzo de 2026. Achegaranse olladas diversas mediante a realización de distintas palestras para analizar a presente situación xeopolítica e as dinámicas de poder e contrapoder que nela operan.
Asier Arias Domínguez é profesor na Universidad Complutense de Madrid. É licenciado e doutor en filosofía e graduado en psicoloxía, e […]
Augusto Zamora R. é profesor, xurista, escritor e diplomático. Imparte aulas de Dereito internacional público e relacións internacionais na Universidad […]
Pablo Elorduy (Madrid, 1978) é xornalista e analista político, redactor en El Salto e membro do colectivo fundador do medio, […]
Irene Zugasti (Madrid) é xornalista e analista internacional especializada en xénero, seguridade e dereitización política. Forma parte de La Base, […]
Tica Font (Vall de Uxó, Castelló, 1956) é investigadora e experta en economía de defensa e políticas de paz. Licenciada […]
Anna Gabriel Sabaté (Sallent, Barcelona, 1975) é educacdora social, avogada e profesora universitaria de dereito na Universidade Autónoma de Barcelona. […]
Aníbal Garzón (Terrassa, Barcelona) é sociólogo, xornalista, docente e comunicador, está especializado en Estudos Internacionais. Traballou en diferentes países de […]
Francesca Cicardi é xornalista especializada en Oriente Medio. Viviu e traballou en Exipto durante 14 anos, onde cubriu as revoltas […]
A palestra de Asier Arias Domínguez propón unha lectura crítica da actual reconfiguración do sistema-mundo, abordando a militarización e o […]
Nesta palestra explóranse, desde unha perspectiva histórica e con exemplos recentes, os cambios e patróns da política global impulsados polos […]
Neste relatorio explóranse as dinámicas polas que poderes económicos e culturais introducen prácticas e discursos que erosiónan a democracia, normalizando […]
Debullaranse as lóxicas da propaganda belicista, tales como a construción do inimigo ou da inevitabilidade dos conflitos, así como os […]
Nesta palestra, Tica Font desmonta as falacias que xustifican o gasto militar como xerador de riqueza, emprego e innovación. Exporanse […]
A palestra abordará como as poboacións poden ser exercer unha primeira liña de defensa fronte á extrema dereita, a través […]
Nesta charla explícanse as estratexias, limitacións e posibilidades da solidariedade internacionalista fronte ao xenocidio en Palestina, con foco en Gaza. […]
Francesa Circardi abordará a transformación da orde mundial cara a un escenario multipolar, onde as alianzas do Sur Global gañan […]
