Liberdade de Expresión, Democracia!! Poder, medios de comunicación e democracia. Do control financieiro ao filantrocapitalismo

En vivo

22

Día

20:00

Hora

Aurora Labio

Participante

Presencial

Formato

A relación entre o poder, os medios de comunicación e a democracia, e como esta se viu afectada polo control financeiro e o filantrocapitalismo, explorarase nesta palestra. Explicarase como os grandes grupos mediáticos, que dependen dos intereses económicos e políticos dxs súas/seus propietarixs e accionistas, perderon a súa función de servizo público e de control democrático, e convertéronse en instrumentos de manipulación, desinformación e propaganda. Tamén se amosará como o filantrocapitalismo como forma de exercer influencia e poder sobre os medios e a opinión pública, sen render contas nin asumir responsabilidades. Fronte a esta situación, proponse a necesidade de recuperar a liberdade de expresión e o pluralismo informativo, e de apoiar aos medios independentes, críticos e alternativos, que defenden os dereitos humanos, a xustiza social e a sustentabilidade.

A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os desafíos e as alternativas que son expostas pola comunicación para a democracia.