Isto non rematou!! Internet: monopolios corporativos e soberanías colectivas”

En vivo

22

Día

18:30

Hora

Sergio Salgado

Participante

Presencial

Formato

Convite a reflexionar sobre como entendemos e usamos Internet, e como iso inflúe na nosa capacidade de defender os nosos dereitos e soberanías colectivas fronte ao poder das grandes empresas tecnolóxicas. Explicarase como as chamadas Big Tech, como Google, Facebook, Amazon ou Microsoft, lograron impoñer de xeito interesado unha narrativa que identifica Internet coas súas plataformas e servizos. Fronte a esta situación, proponse a necesidade de recuperar ou redefinir internet como un espazo de comúns, democracia, de colaboración e de innovación social. Apoiando as propostas que xorden desde os movementos sociais e as organizacións populares, que buscan construír unha Internet cidadá, diversa, democrática e sostible.

A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os desafíos e as oportunidades que expón Internet para as nosas loitas e as nosas soberanías.