Aurora Labio Bernal

Aurora Labio Bernal

Doutora en xornalismo, é profesora de “Estrutura da Información” na Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla e foi tamén profesora visitante en universidades de México e Cuba.  Exerceu como xornalista en diferentes medios como Canal Sur, Onda Cero e Diario de Cádiz. O seu traballo céntrase nos medios de comunicación e a súa relación cos dereitos humanos e a democracia. É autora de libros como Comunicación, periodismo y control informativo (Anthropos, 2006) ou Periodismo SOS: Del filantrocapitalismo al poder que mata (Pirámide, 2022).