En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
O mundo actual caracterízase por un contexto de inestabilidade permanente. As continua de crises en cada plano trae consigo un incremento progresivo das desigualdades así como un maior destrozo do planeta. A situación de emerxencia climática deveu nunha crise ecolóxica que aparece interconectada coa crise estrutural do capitalismo. Nesta etapa do capitaloceno a clase político-empresarial esfórzase en reforzar a armadura creada polos Tratados de Libre Comercio (TLC) ao tempo que busca novos instrumentos que lle permitan incrementar os beneficios das grandes corporacións transnacionais, a pesar das graves consecuencias para o planeta e para os dereitos e liberdades das persoas. Pero neste contexto tamén aparecen resistencias que son quen de detectar e reverter o proceso; nacen novas regulacións que buscan limitar o poder das grandes corporacións ao tempo que pretenden que se responsabilicen e reparen o dano causado; e, sobre todo, nacen centos de iniciativas e alternativas que permiten achegarse a conformar outro sistema máis xusto. Un sistema que permita un desenvolvemento económico equilibrado e redistributivo que non sexa lesivo cos dereitos das persoas e co medio ambiente.