(Madrid, 1977). Investigadora do Observatorio de Multinacionales en América Latina (OMAL) – Paz con Dignidad. Estuda, investiga e realiza divulgación sobre as violacións de dereitos humanos e mediambientais perpretados polas grandes empresas transnacionais, facendo fincapé nas do IBEX-35 e as estratexias que empregan para seguir medrando, como as relacións coloniais norte-sur. Precisamente sobre esta última cuestión é sobre a que se escribe no seu último libro A dónde va el capitalimo español, do que é coautora con Pedro Ramiro. Erika González leva loitando contra o poder corporativo dende fai máis de quince anos e participa activamente na Campaña global “Desmantelemos o poder corporativo e poñamos fin á impunidade”.