(Madrid, 1956). Escritor, editor e, ata 2018, profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Carlos Taibo é un referente estatal do decrecentismo, o anarquismo, o movemento antiglobalización, a democracia directa e a autoxestión. Escribe regulrmente en medios de diverso tipo e é fundador e membro do Consello Editorial da revista Sin Permiso dende o 2006. Ademais, Taibo é un prolífico autor de máis dunha trintena de libros sobre xeopolítica e transicións, cuxos últimos libros xiran arredor da Iberia baleirada, o colapso, a guerra de Ucraína ou o ecofascismo: No ronsel da guerra de Ucraína. Unha glosa impertinente (2022), Ecofascismo. Unha introdución (2022) ou Anarquismos. Onte, hoxe e mañá (2022).