Non esquecemos!! Neoliberalismo e ultradereita vs. Dereitos Humanos

En vivo

15/03

Día

18:30h

Hora

Miquel Ramos

Participante

Videoconferencia

Formato

Os últimos anos están marcados polo crecente auxe e expansión da extrema dereita no norte global, especialmente na Europa. A crise do neoliberalismo ten provocado un contexto de crecenete inestabilidade e tensión social que, especialmente dende o ano 2015, permite observar como se espalla este discurso a tavés das redes e os medios de comunicación ao tempo que personaxes afíns a esta ideoloxía acceden ao poder en institucións, dende o local ata o supranacional.

A ultradereita e o neoliberalismo, nas súas múltiples e adaptables facetas, libran unha batalla cultural dende hai moito tempo contra os principios sociais hexemónicos que, ata fai ben pouco, parecían incuestionables. Dereitos xa conquistados e asentados están hoxe en discusión. Isto prodúcese por mor do espallamento dun discurso que pretende desprazar o que se considera aceptable e que se xustifica a través dun “relato do sentido común” para así reapropiarse de símbolos ao tempo que se resignifican palabras e conceptos.

É fundamental que aprendamos a lidiar con estas estratexias, identificándoas e deixando de alimentalas. Facer fronte aos instrumentos da extrema dereita pasa por facer unha construción autocrítica que explore fóra do propio marco para comprender o funcionamento de quen está ao outro lado. O exercicio e defensa dos Dereitos Humanos obríganos a entender a quen os ameaza para así poder facerlle fronte.