Enxeñeiro técnico en electricidade que traballa como investigador e responsable de proxectos no Observatorio da Débeda na Globalización (ODG), focalizado na transición ecosocial, é especialista en enerxía, clima e finanzas. Alfons Pérez encárgase da monitorización das políticas de seguridade enerxética da Unión Europea, especialmente centrado na súa dimensión exterior, en coordinación con outras organizacións europeas. Ademais forma parte da Xarxa per la sobirania energètica (Rede para a soberanía enerxética) promovendo alternativas enerxéticas dende a cidadanía, así como na Xarxa per la Justícia Climàtica (Rede pola Xustiza Climática) onde busca facer fronte á crise do clima actual. Ademais é autor de Pactos verdes en tiempos de pandemias. El futuro se disputa ahora (ODG e Libros en Acción, 2020).