En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
As circunstancias globais son as de crise recorrente, emerxencia climática, excepcionalidade pandémica, e pico e desabastecemento de materias primas enerxéticas. Isto, sumando ás bases previas de antecedentes coloniais e imperialistas, resulta nun caldo de cultivo axeitado para que unha selecta minoría, a elite político-empresarial, desexe e teña os medios como para asegurarse un acceso aos tan prezados e escasos recursos.
Ante este escenario de crise e colapso, mudan de xeito sustancial algunhas condicións, tendo como consecuencia o que se vexan así abertas algunhas fendas e posibilidades. Propóñense mecanismos de acción e plantéxanse alternativas concretas e incluíntes dende diversas posicións para afrontar esta realidade.
Neste caso, non se trata xa só de facer fronte á crise climática, senón de facelo tamén ante o marco político, social e económico que se xera arredor da mesma. Trátase, pois, de que o colapso nos atope organizadas.