Olladas de resistencia e represión

#OlladasdeResistencia

 

As “Xornadas da Resistencia e a Represión” buscan analizar distintas problemáticas  e situacións derivadas das novas liñas de construción neocolonial que leva consigo a globalización nos nosos días. A violación de dereitos humanos e a opresión de comunidades que se dá nos diferentes territorios acompáñase da construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que implica que millóns de persoas sufran cada día, situacións de violencia contra a súa persoa.

As diferentes voces que compoñen a estrutura das xornadas pretenden achegarnos, ao tempo, diversos enfoques e solucións coas que se poden afrontar este tipo de situacións. A través da exposición de casos concretos veremos como se pode estruturar modelos de construción colectiva que permitan o exercicio, respecto e defensa dos dereitos tanto político-civís como económicos, sociais e culturais.

Participantes

Brigitte Vasallo

Brigitte Vasallo é unha feminista antirracista, mediadora intercultural e xornalista colaboradora habitual de medios como ElDiario.es, Diagonal e Pikara. O […]

Pablo González

Pablo González é un xornalista español colaborador do diario Gara e Naiz, especializado en temas relacionados con Europa do Leste. […]

Juan Teixeira

Juan Teixeira é un reporteiro documental especializado en temáticas sociais. O seu traballo céntrase na investigación e cobertura de problemas […]

Sivan Zerdestî

Sivan Zerdestî é un membro do Congreso Nacional do Kurdistán (KNK), un organismo que serve como parlamento para o pobo […]

Rojava Azadî

Rojava Azadî é un colectivo que promove a solidariedade co Curdistán e apoia as loitas emancipadoras en Rojava, unha rexión […]

Manuel Carvalho

Manuel Carvalho é un dos principais coñecedores da cuestión kurda en Galiza e é quen coordina o blogue e a […]