Susan George

Susan George

Activista, escritora, científica sociopolítica e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI).

Entre os seus títulos académicos encóntranse os de doutora en Ciencias Políticas (École des Hautes Études en Sciences Sociales, Université de Paris), licenciada en Francés (B.A.Smith College, EE.UU.) e Filosofía (Sorbonne, París), etc. O seu traballo actual vai encamiñado cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

A partir de 1990-95 desempeñou servizos no comité de Greenpeace Internacional así como a de Greenpeace Francia. É un membro do grupo de Lisboa, patrona do xubileo 2000 e actuou como consultora de varias axencias especializadas de Nacións Unidas (FAO, UNESCO, Unicef etc.). Susan George é una portavoz pública habitual, determinante para os sindicatos  e as organizacións non gubernamentais en moitos países e se entrevista a miudo coa prensa, a radio e a televisión.

http://www.tni.org/es/users/susan-george