Non hai planeta B!! Pactos Verdes corporativos vs. transición ecosocial

En vivo

18/03

Día

20:30h

Hora

Alfons Pérez

Participante

Presencial

Formato

Capitalismo tardío, emerxencia climática. Atopámonos nun contexto de excepcionalidades no que as circunstancias mudaron dende a crise pandémica mundial.

Neste marco, grandes actores rivalizan pola cadea de valor da que se veu a chamar transición verde. O nivel de débeda pública ponse hoxe ao servizo das grandes corporacións e empresas transnacionais para a transición tecnolóxica, xerando estreitas alianzas entre o público e o privado. Mentres, en territorios asoballados do Sur Global, a extracción de materiais críticos como o litio teñen devastadores impactos para as persoas e para os ecosistemas nos que habitan, cada vez máis esgotados.

Considerando esta coxuntura, faise preciso a abordaxe da transición enerxética saíndo dos debates tecnolóxicos como cos que convivimos de cotío nos medios de comunicación de masas e na rúa (renovables, coche eléctrico, hidróxeno verde…).

Por unha banda, semella imprescindible organizarse para sermos quen de paliar as repercusións como poden ser fenómenos climáticos extremos. Por outra, será inevitable artellar alternativas de solución ante as consecuencias desta deriva e deste modelo, reformular, reconstruír, e repensar unha transición ecosocial que poña, finalmente, a vida no centro.