Non nos calarán!! Propaganda da ultradereita e como tratar con ela

En vivo

18/03

Día

18:00h

Hora

Enrique del Teso

Participante

Presencial

Formato

Como é frecuente ao longo da historia en situacións de crise económica e social, actualmente asistimos, con maior ou menor asombro, a un auxe de posturas que poden ser nomeadas como extrema dereita, ultradereita ou fascismo. Isto gaña especial relevancia se temos en conta o momento preelectoral no que nos atopamos.

Este tipo de movementos nútrese facilmente de contextos nos que os bulos ou fake news se espallan a gran velocidade, así como de coxunturas nas que os discursos demagóxicos e os falaces calan con facilidade. Deste xeito, a democracia resíntese, retrocedendo e perdéndose liberdades e dereitos xa conquistados aos que é inadmisible renunciar.

Con todo, mais tamén en consecuencia, rexorden, emerxen e reavívanse movementos de resistencia que buscan mitigar e frear a propagación destas ameazas á democracia. Será fundamental, para non ser partícipes involuntarixs deste proceso, a propia análise e autocrítica ante a propia asimilación e reprodución das súas perspectivas, ademais do coñecemento e práctica de estratexias de actuación contra as lóxicas da dereita. É imprescindible saber manexar este fenómeno de cara a non ser espectadorxs deste retroceso, para non dar nin un paso atrás.