En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
Internet e os seus usos, o mundo dixital, abranguen cada vez en maior medida máis espazo nas vidas das persoas. É a priori unha ferramenta con potencial para xerar espazos comúns democráticos, seguros e igualitarios. Porén, con moita frecuencia rematan sendo reflexos directos e perversos das opresións e violencias que nos atravesan na esfera máis analóxica das vidas. As intelixencias artificiais e algoritmos reproducen, ademais, os nesgos e discriminacións da sociedade na que habitamos, pois non son impermeables ao deseño e aos propios prexuízos de quen as programa. Pola súa banda, os discursos de odio e os bulos atopan na rede un medio a través do cal espallarse, diseminarse e medrar.
Porén, ademais dos marcos regulatorios macro, necesarios pero lentos, existen activismos dixitais con persoas que identifican, monitorizan e empregan a cultura pop, shitposting, memes, os medios e ferramentas propios, para librar a loita base anticapitalista e antifascista neste terreo.
Se o presente e o futuro son virtuais, haberá de ser un mundo habitable e xusto, onde sexan respectados, tamén, os dereitos humanos.