Do río ao mar Palestina vencerá!! “Resistencia e Solidariedade”

Intervención
20/03/2025

Día

18:30

Hora

Fayez Badawi

Participante

Presencial

Formato

A migración forzosa por motivos climáticos e o impacto das políticas globais ante elo será o tema central da palestra. Analizarase como a non adopción desta categoría legal ten como consecuencia a limitación dos movementos das persoas, así como eximir aos Estados da responsabilidade de ofrecerlles asilo e refuxio. Abordarase a relación entre o cambio climático, os conflitos polo control de recursos básicos e estratéxicos como a auga, e o desprazamento masivo de poboacións.

Explorarase o escenario previsto para 2060, cando entre 175 e 300 millóns de persoas, maioritariamente procedentes de países empobrecidos, poderían verse obrigadas a abandonar os seus fogares debido á subida das temperaturas e a inacción política dos gobernos. Reflexionarase arredor da pertinencia de adaptar os marcos legais internacionais.

A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre o reto que supón o desprazamento forzado por razóns climáticas, así como as súas implicacións para os dereitos humanos e a xustiza global.