(Valencia, 1979) Xornalista e investigador valenciano especializado en extrema dereita, crimes e discurso de odio e movementos sociais. Fundador do xornal independente L’Avan, é Licenciado en Ciencias da Información e ten un Máster en Socioloxía e Antropoloxía. Colabora en medios como El Salto, La Marea, Público, Directa, ou The New York Times, entre outros; así como participa en tertulias en diferentes medios audiovisuais. Traballou na Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR), coordinou o informe “Dos neocon aos neonazis: a dereita radical no Estado español” (Fundación Rosa Luxemburgo, 2021) e é tamén coautor do proxecto crimenesdeodio.info, que rescata a memoria das vítimas mortais do racismo, a homofobia e outras formas de intolerancia en no Estado español dende 1990. Ademais é autor de varios libros, o último Antifascistas: así se combatió a la extrema derecha española desde los años 90 (2022).