En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
As desigualdades de xénero na sociedade actual, aliadas ao patriarcado e ao capitalismo, abordaranse nesta palestra a través da economía feminista. Afondarase en como os sistemas impositivos, políticas públicas e medios de comunicación favorecen as elites económicas e políticas á custo da explotación, empobrecemento e opresión das mulleres e das persoas máis vulnerábeis. Así mesmo, exploraranse as loitas do movemento feminista neste eido, na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, que respecte os dereitos humanos e o medio ambiente, desafiando ao modelo capitalista con lóxica patriarcal.
A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os retos e as alternativas que expón o feminismo ante a crise múltiple que vivimos.