O sistema é o problema!! “Militarización, colonialismo e límites biofísicos”

Intervención
18/03

Día

18:00h

Hora

Asier Arias Domínguez

Participante

Presencial

Formato

A palestra de Asier Arias Domínguez propón unha lectura crítica da actual reconfiguración do sistema-mundo, abordando a militarización e o colonialismo como dinámicas centrais dun modelo que entra en tensión cos límites biofísicos do planeta. Dende a xustiza social, analizarase quen asume os custos ecolóxicos e humanos deste proceso.

Tamén se porá o foco nos programas de rearme da Unión Europea, entendidos no seu contexto económico e xeopolítico máis próximo. A sesión convidará a reflexionar sobre como estes movementos redefinen prioridades políticas e condicionan o futuro colectivo.