O consumo global non pode custar vidas!! “Emerxencia climática e dereitos humanos: O impacto do consumo global”

Intervención
22/03/2025

Día

18:30

Hora

Aurora Moreno Alcojor

Participante

Presencial

Formato

A relación entre a emerxencia climática, as cadeas de produción globais e o impacto nos dereitos humanos será o tema central da palestra. Analizarase como o modelo de produción e consumo actual contribúe ao deterioro medioambiental e perpetúa situacións de explotación laboral e vulneración de dereitos especialmente no sur global e os países empobrecidos. Afondarase no papel das empresas transnacionais na explotación dos recursos naturais e na contaminación, así como na súa influencia sobre os gobernos e as comunidades locais. Tamén se abordará a responsabilidade da cidadanía como consumidora, reflexionando sobre a necesidade de transformar os hábitos de consumo para avanzar cara a un modelo máis xusto e sostible.

A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os desafíos e as oportunidades que expón a emerxencia climática para a defensa dos dereitos humanos e a construción dun sistema económico máis ético e respectuoso co planeta.