
Día
Hora
Participante
Formato
Nesta palestra, Miguel Urbán analizará o avance do trumpismo e das novas dereitas autoritarias a nivel global, abordando como estas forzas están a redefinir o equilibrio xeopolítico e a gobernanza internacional.
Explorarase o impacto do "América First", a súa impugnación das institucións multilaterais e a súa aposta polo illamento estratéxico, reflectido en decisións como a saída da OMS, a ruptura co Protocolo de Kioto ou o movemento para abandonar a OTAN e a ONU. Examinarase como este proceso non só provoca un colapso do sistema de gobernanza internacional, senón que tamén desestabiliza os dereitos humanos, os tratados ambientais e a cooperación global.
Tamén se abordará o ascenso de movementos ultraconservadores, negacionistas e soberanistas que teñen en Trump a súa principal referencia, así como as consecuencias destas políticas na xestión das crises humanitarias, climáticas e económicas.
A palestra será un espazo para reflexionar sobre se estamos ante un cambio de paradigma na orde mundial e sobre as estratexias necesarias para facer fronte ao avance reaccionario e á erosión dos dereitos fundamentais.