En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
A represión levada a cabo polos poderes establecidos e como reprimiron ás protestas sociais no Estado español dende o xurdimento do 15M ata a actualidade, utilizando o dereito penal e administrativo “dx inimigx” será o tema central da palestra. Afondarase no concepto “dx inimigx”, proposto por Günter Jakobs, o cal, refírese á aplicación dun dereito excepcional e desigual a quen se consideran inimigxs da orde social, sen respectar os seus dereitos nin garantías. Mostrarase así como se manifestou esta represión nos ámbitos policial, xudicial e mediático, e cales foron os seus impactos sobre os movementos sociais. Tamén se explicarán resistencias e organización fronte á represión, mediante a denuncia, a solidariedade, a desobediencia, a creatividade e a construción de alianzas.
A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os retos e as oportunidades que expón a protesta social nun contexto de crecente represión e control.