Hai pontes…
… que permiten atravesar un río ou un abismo. Hai pontes que serven para unir dous puntos sempre separados. Pontes que serven para manter a tensión necesaria dunhas cordas para que poidan crear música. Pero tamén hai pontes que serven para establecer a continuidade dun circuíto eléctrico interrompido. Hai pontes que se crean a través do tempo entre dous días festivos e pontes que nos curvan o corpo. Hai pontes, tamén, de pedra, madeira ou cristal. Hai pontes que ligan momentos e lembranzas tan afastados, e pontes que unen elementos a millóns de quilómetros que parecen que non están separados. E, dende logo, hai pontes que salvan diferenzas que un día pareceron imposibles.