Empezamos a camiñar cara ás Xornadas 2026!!

Comezamos a camiñar cara ás Xornadas Ágora R de 2026!! Levamos xa uns meses traballando en poder ofrecer de novo un espazo no que tecer disidencias e construír resposta social. E hoxe comunicámosvos que en marzo volverémonos atopar de novo no Café “De Catro a Catro” con voces críticas que nos permitan ollar a realidade dende unha perspectiva a través da que construír contrapoder.

Esperamos converter ese espazo nunha trincheira colectiva dende a que construír unha fronte aberta onde compartiremos instrumentos, experiencias, conceptos e ideas contrahexemónicas que nos acheguen:

  • Coñecementos prácticos para desmontar os mecanismos de represión e construción das relacións de poder.
  • Iniciativas e actuacións reais colectivas que constrúan resposta social fronte aos abusos das transnacionais e os gobernos.
  • Posicións teóricas que nos permitan entender a realidade dende outra perspectiva.

Esperamos contar contigo para poder construír un espazo o máis diverso e cualitativo posible. Precisamos da túa participación activa para poder construír un debate nutrido que nos permita transformar a indignación en contrapoder organizado.

Lembra que as Xornadas de Ágora R susténtanse tamén a través da nosa independencia económica e ti podes ser parte tamén da construción das xornadas facéndote socix ou contribuíndo a través de doazóns en Pepa Loba.

Vémonos nas rúas!!