En vivo
Día
Hora
Participante
Formato
Poucas veces na historia houbo tanta información, tan directa, tan rápida e tan variada para o público. E, con todo, isto non se traduce en que esteamos mellor informadxs que nunca. Cales son as técnicas de desinformación que empregan as potencias mundiais nos conflitos que artellan e levan a cabo? Nesta palestra abordarase esta cuestión dende dúas perspectivas diferentes e complementarias: por unha banda, o punto de vista dun profesional do xornalismo que traballa na cobertura de conflitos internacionais; por outra, a do público, que ten dereito a recibir información veraz e de calidade.
A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os retos e as oportunidades que presenta o xornalismo para a transformación social dende o dereito á información.