21/03
Día
18:00h
Hora
Aníbal Garzón
Participante
Presencial
Formato
Aníbal Garzón abordará os cambios xeopolíticos e económicos que se están a dar na transición dun mundo unipolar a outro multipolar, dada a crecente cooperación do Sur Global cos BRICs como peza chave. Abordarase tamén a resposta de dominación por parte dos Estados Unidos de América ante isto, tanto no eido militar, como económico e político, pola súa perda de hexemonía.
O encontro reflexionará sobre as tensións entre a hexemonía establecida e as emerxentes alternativas que buscan redefinir as relacións internacionais. Garzón convidará a pensar criticamente sobre os límites da solidariedade e os desafíos que enfronta un mundo en transición, onde as respostas ás crises revelan as contradicións do sistema actual.
