Augusto Zamora R. é profesor, xurista, escritor e diplomático. Imparte aulas de Dereito internacional público e relacións internacionais na Universidad Autónoma de Madrid e na Universidad Nacional Autónoma de Nicaragua e foi embaixador de Nicaragua no Estado español. Entre o 79 e o 90 foi director xurídico e xefe de gabinete do Ministerio do Exterior, e formou parte do equipo negociador de Nicaragua nos procesos de paz de Contadora e Esquipulas dende o inicio ata a derrota electoral do sandinismo. Como avogado, representou a Nicaragua no caso contra os Estados Unidos de América na Corte Internacional de Xustiza. Entre as súas obras destacan Política y geopolítica para rebeldes, irreverentes y escépticos (Ed. Akal, 4ª edición actualizada en 2023), Réquiem polifónico por Occidente (Ed. Akal, 2018), ou Multipolaridad y descolonización de las Naciones Unidas (Ed. Akal, 2024).
