20/03
Día
18:00h
Hora
Tica Font
Participante
Presencial
Formato
Nesta palestra, Tica Font desmonta as falacias que xustifican o gasto militar como xerador de riqueza, emprego e innovación. Exporanse os relatos máis comúns do belicismo e valorarase o seu impacto social desde unha perspectiva crítica e accesible.
Tomando como punto de partida o plan de rearme europeo, analizaranse as prioridades políticas, a distribución de recursos e as alternativas orientadas a seguridade e benestar.
