Albano Dante Fachín

Albano Dante Fachín

Activista e editor de Café amb Llet.

Cafè amb llet (en castelán café con leche) é unha revista mensual gratuíta creada no ano 2004 inicialmente para dar información local na zona da provincia de Girona, incluíndo as comarcas de “La Selva” e o “Alt Maresme.”

No 2011 a revista inicia unha investigación sobre o funcionamento da sanidade pública catalana que ten unha enorme repercusión máis alá da súa área natural e o seu traballo  coñecese en toda Cataluña a través de unha serie de vídeos publicados no Youtube.

A partir de entón a liña editorial da revista comeza a abarcar temas que van máis alá do local e –en 2014– a edición pasa a ser de ámbito catalán, repartíndose gratuitamente os seus 145.000 exemplares, que a converten na publicación con máis exemplares en Cataluña.

http://www.cafeambllet.com/