Dereito á verdade! Desinformación e o papel do xornalismo e os medios de comunicación nos conflitos internacionais

En vivo

20

Día

20:00

Hora

Hibai Arbide Aza

Participante

Presencial

Formato

Poucas veces na historia houbo tanta información, tan directa, tan rápida e tan variada para o público. E, con todo, isto non se traduce en que esteamos mellor informadxs que nunca. Cales son as técnicas de desinformación que empregan as potencias mundiais nos conflitos que artellan e levan a cabo? Nesta palestra abordarase esta cuestión dende dúas perspectivas diferentes e complementarias: por unha banda, o punto de vista dun profesional do xornalismo que traballa na cobertura de conflitos internacionais; por outra, a do público, que ten dereito a recibir información veraz e de calidade.

A palestra será un espazo de reflexión e debate sobre os retos e as oportunidades que presenta o xornalismo para a transformación social dende o dereito á información.