21/03
Día
18:00h
Hora
Aníbal Garzón
Participante
Presencial
Formato
Nesta charla explícanse as estratexias, limitacións e posibilidades da solidariedade internacionalista fronte ao xenocidio en Palestina, con foco en Gaza. O relator, Aníbal Garzón, ofrecerá unha lectura crítica das prácticas pasadas e presentes, e as súas implicacións políticas e humanas.
Abordaranse formas de coordinación colectiva, canles de apoio desde o activismo e as institucións locais, e os dilemas éticos de intervención externa. Buscarase xerar debate sobre como transformar a solidariedade en acción sostible que pon no centro as voces afectadas e alternativas políticas globais.
