As vosas guerras, xs nosxs mortxs!! “Europa e o seu plan de rearme”

Intervención
20/03

Día

18:00h

Hora

Tica Font

Participante

Presencial

Formato

Nesta palestra, Tica Font desmonta as falacias que xustifican o gasto militar como xerador de riqueza, emprego e innovación. Exporanse os relatos máis comúns do belicismo e valorarase o seu impacto social desde unha perspectiva crítica e accesible.

Tomando como punto de partida o plan de rearme europeo, analizaranse as prioridades políticas, a distribución de recursos e as alternativas orientadas a seguridade e benestar.