18/03
Día
18:00h
Hora
Asier Arias Domínguez
Participante
Presencial
Formato
A palestra de Asier Arias Domínguez propón unha lectura crítica da actual reconfiguración do sistema-mundo, abordando a militarización e o colonialismo como dinámicas centrais dun modelo que entra en tensión cos límites biofísicos do planeta. Dende a xustiza social, analizarase quen asume os custos ecolóxicos e humanos deste proceso.
Tamén se porá o foco nos programas de rearme da Unión Europea, entendidos no seu contexto económico e xeopolítico máis próximo. A sesión convidará a reflexionar sobre como estes movementos redefinen prioridades políticas e condicionan o futuro colectivo.
