Anna Gabriel Sabaté (Sallent, Barcelona, 1975) é educacdora social, avogada e profesora universitaria de dereito na Universidade Autónoma de Barcelona. Conta cunha extensa e prolífica traxectoria política e sindical, estando afiliada á CGT e sendo ex directora do sindicato suízo UNIA. Foi deputada no Parlament de Catalunya pola Candidatura d’Unitat Popular (CUP), mantendo unha intervención pública centrada na defensa da autodeterminación, a xustiza social e o feminismo anticapitalista, ámbitos nos que destaca o seu traballo.
